 |
 |

Indica
que el enlace o botón junto al que se encuentra, lleva a una página
externa (normalmente en inglés), que se abrirá en una nueva
ventana.
¿Has encontrado un libro con una etiqueta BookCrossing?
¡Has venido al sitio adecuado! Haz una entrada en el diario pinchando
aquí...
¿Aun no eres miembro?
!Únete Ahora, y empieza a liberar libros
ahora mismo!
¡Es GRATIS, FÁCIL y PRIVADO!
|
 |
 |
|
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente |
Autor |
Mensaje |
Libreira Lo mío empieza a ser un vicio...


Registrado: 11 Nov 2004 Mensajes: 1433 Ubicación: A Coruña
|
|
Publicado: Dom Feb 10, 2008 1:16 pm Asunto: BRING: Destrución, Xavier López Rodríguez |
|
Lino hai un mes e enganchoume, é un monólogo dunha muller, que podemos identificar seguramente con moitos casos coñecidos, porque por desgraza, aínda hoxe, hai mulleres que non denuncian. Pero de sempre, tamén houbo algunhas que despois de aguantar se rebelaron.
Cita: | Co rotundo título de "Destrucción" iníciase unha novela que nos mergulla de maneira brutal nun tema de actualidade, mediática e non só, o dos malos tratos. E é que desde que aínda non hai unha década alguén descubriu a súa rendibilidade informativa non hai día en que, desde un achegamento por veces non exento de morbo, non nos chegue algunha noticia sobre esta cuestión.
Temos nesta novela a presenza de personaxes e espazos de obras anteriores que este autor escribiu para un público xuvenil, como "Brumoso" (Xerais, 1998) ou a máis recente "Amigo medo" (A Nosa Terra, 2002); así, por exemplo, os lugares de Lubicán e Brumoso e a protagonista Felisa, e semella compartir tamén coa súa obra anterior a declarada preocupación pola desaparición do mundo rural e da sociedade tradicional. Hai en "Destrucción" moita lingua e moita cultura tradicional arraiana e un coñecemento profundo dos xeitos de vida dunha zona, que identificamos como lindeira con Zamora e con Portugal, de indubidábel interese antropolóxico, mais resulta difícil, tal como se nos mostra, non desexar que ese mundo a punto de esborrallarse desapareza de vez se isto significa que leva consigo a crueldade, a sordidez e o miserabilismo que comporta, o cal non deixa de ser un interesante paradoxo se temos en conta a intención autorial.
Por veces temos a sensación lendo a obra de estarmos inmersos, a pesar da moita distancia estética, na outra cara da moeda da “aldea rusa” do Anxo Angueira de "Pensa nao" e de "O valo de Manselle", esoutro espazo rural, neste caso dunha certa utopía comunal, que foxe conscientemente dun neo-ruralismo costumista que afonde máis na identificación entre lingua, cultura tradicional, atraso e demais tópicos.
Móstrasenos daquela en Destrucción un mundo desaparecendo, igual que desapareceu a súa protagonista e única voz narrativa deste monodiálogo/monólogo durante os moitos anos compartidos co seu home en que viviu absolutamente anulada por ese antagonista que agora só pode escoitala e que durante todo ese tempo a mantivo completamente illada do mundo, ata o punto de facerlle esquecer a capacidade da linguaxe, cunha actitude en que se transparenta unha inseguridade enfermiza, á parte doutros trazos dun maltratador que recorre sistematicamente á violencia psicolóxica (extraordinariamente á física, cumprindo, parece, unha máxima operante na patriarcal sociedade tradicional que mantén que “a unha muller non se lle bate”) como medio de dominación. E na vinganza de Felisa vemos a pouca distancia que pode separar a víctima e verdugo en situación límite, o preto que están os diferentes graos de maldade ou mesmo a loucura e a lucidez extrema.
E ten "Destrucción" un ritmo fluído e unha boa dosificación da intriga, que mantén a tensión ata un final non por anunciado menos brutal, malia que atopemos tamén no seu universo narrativo e psicolóxico un certo reducionismo, quizais condicionado polo punto de vista único nunha cuestión á que nos achegamos xa con algunhas visión máis profundas e complexas, máis completas en definitiva. |
Alguén se apunta???
Participantes por agora
Anx79 _________________ Que teño, irmao, maduro o corazón para gardar nel as verbas túas.
Estantería de Libreira:
http://libreira.bookcrossing.com/

Ultima edición por Libreira el Mar Feb 12, 2008 9:05 am, editado 1 vez |
|
Volver arriba |
|
 |
anx79 Lo mío empieza a ser un vicio...


Registrado: 13 Feb 2004 Mensajes: 1452 Ubicación: Vigo
|
|
Publicado: Mar Feb 12, 2008 9:01 am Asunto: veña va!! |
|
Hai séculos que non me apunto a ningún anel, así que supoño que podo unirme a este sen moito cargo de conciencia...  _________________ O meu andel /mi estantería |
|
Volver arriba |
|
 |
Libreira Lo mío empieza a ser un vicio...


Registrado: 11 Nov 2004 Mensajes: 1433 Ubicación: A Coruña
|
|
Publicado: Mar Feb 12, 2008 9:05 am Asunto: |
|
Vale, apuntada quedas. Lese axiña.
Segues en Ourense? porque se é así, podemos aproveitarnos de jotage. Se non, mándame os teus datos ao correo.
Un bico e que bo volverte ver por aquí ) (Si, xa sei que eu tamén levaba tempo sen entrar)  _________________ Que teño, irmao, maduro o corazón para gardar nel as verbas túas.
Estantería de Libreira:
http://libreira.bookcrossing.com/
 |
|
Volver arriba |
|
 |
anx79 Lo mío empieza a ser un vicio...


Registrado: 13 Feb 2004 Mensajes: 1452 Ubicación: Vigo
|
|
Publicado: Mar Feb 12, 2008 2:22 pm Asunto: carteiro |
|
Xa non vivo en Ourense, así que deixaremos dencansar ó carteiro!!!
Mándoche un pm. _________________ O meu andel /mi estantería |
|
Volver arriba |
|
 |
Libreira Lo mío empieza a ser un vicio...


Registrado: 11 Nov 2004 Mensajes: 1433 Ubicación: A Coruña
|
|
Publicado: Dom Feb 17, 2008 1:50 pm Asunto: |
|
Xa está mandado, espero que o recibas pronto e que che guste.
Se alguén máis se quere apuntar, aínda está a tempo _________________ Que teño, irmao, maduro o corazón para gardar nel as verbas túas.
Estantería de Libreira:
http://libreira.bookcrossing.com/
 |
|
Volver arriba |
|
 |
|
Puede publicar nuevos temas en este foro No puede responder a temas en este foro No puede editar sus mensajes en este foro No puede borrar sus mensajes en este foro No puede votar en encuestas en este foro
|
|
Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
|
inicio
de caza
comunidad
el murmullo
acerca de
FAQs
créditos
|
 |

Si todavía no te has unido a
las filas de los BookCrossers en Bookcrossing.com, ¡hazte miembro pinchando
aquí!
"Un libro es un regalo estupendo, porque muchas personas sólo leen para no tener que pensar."
Maurois, André
Donde NO liberar
Es triste, pero desde el 11-S, los aeropuertos y aviones son
sitios muy malos para liberar libros. Cualquier objeto abandonado
será probablemente recogido por el personal de seguridad,
y podría incluso causarles una alarma indebida, así
que por favor usa el sentido común y libera tus libros
donde estén seguros. ¡Gracias!
|
 |
 |