#11: Autor: petitejolie, Ubicación: LugoPublicado: Dom Oct 04, 2020 12:58 pm Xa que logo non podemos andar no HULA neste período, decidimos participar da V Liberación Marikilla in memoriam.
Un evento que os bookcrossers de toda España organizan fai cinco anos, para lembrar a memoria de Marikilla, unha compañeira que xa non pode soltar libros.
De xeito que o pasado 29 de setembro, os Libros Viaxeiros saíron a rúa para liberar exemplares Bookcrossing, na súa honra.
#12: Autor: petitejolie, Ubicación: LugoPublicado: Jue Mar 25, 2021 11:05 am Co propósito de que os libros sigan abríndose, andamos na preparación dalgunha actividade no HULA, para conmemorar o día do libro, co equipo de voluntariado dos Libros Viaxeiros.
Seguiremos informando.
#13: Autor: petitejolie, Ubicación: LugoPublicado: Dom Dic 19, 2021 2:24 pm Onde sí participamos é na programación navideña do HULA.
Se queres saber o que facemos cos librosviaxeiros este ano, entra no blog:
#14: Autor: petitejolie, Ubicación: LugoPublicado: Dom Abr 10, 2022 12:05 pm
Retomamos esta campaña de marcapáxinas solidarios, para acompañar aos libros viaxeiros que serán liberados o venres 22 de abril no HULA, pero tamén, outros exemplares que quedarán a disposición dos/as lucenses pola cidade.
Participar é moi sinxelo: elabora o teu (s) punto de libro e mándao por correo ordinario, ou ben achégao a Go diva's (Lugo).