#11: Autor: petitejolie, Ubicación: LugoPublicado: Dom Oct 04, 2020 11:58 am Xa que logo non podemos andar no HULA neste período, decidimos participar da V Liberación Marikilla in memoriam.
Un evento que os bookcrossers de toda España organizan fai cinco anos, para lembrar a memoria de Marikilla, unha compañeira que xa non pode soltar libros.
De xeito que o pasado 29 de setembro, os Libros Viaxeiros saíron a rúa para liberar exemplares Bookcrossing, na súa honra.