[gal] Outra libraría que pecha: Encontros en Santiago
Selecciona mensajes desde
# hasta # FAQ
[/[Imprimir]\]

Bookcrossing-Spain -> Foro de Idiomas

#1: [gal] Outra libraría que pecha: Encontros en Santiago Autor: lourixeUbicación: Via XIX per loca maritima MensajePublicado: Sab May 21, 2016 11:43 pm
    —
A libraría Encontros está na rúa do Vilar de Santiago de Compostela, case chegando á praza do Toural. É unha libraría de fondo, unha das miñas favoritas cando vivía aló. Non sei as razóns do peche: de feito comezaron a liquidar a principios de mes, mesmo libros recén saídos que lles acababan de distribuír. Nestes momentos fan descontos do 30 ao 40%.

#2:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Dom May 22, 2016 11:35 am
    —
Vinno na prensa non fai moitos días...e xa falababan de quén a collería de novo, polo tema de seren unha libraría emblemática.
Para min era a mellor do antigo, cando eu andaba por aló. Crying or Very sad

#3:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Jue Jun 09, 2016 1:17 pm
    —
Na Coruña hai anunciado outro peche!!! Crying or Very sad

Librería Molist...visitádea, aínda que sexa nun acto de xustiza poética

https://www.facebook.com/LibreriaMolist/photos/a.751790914940004.1073741830.751122928340136/932592223526538/?type=3&theater

#4:  Autor: lourixeUbicación: Via XIX per loca maritima MensajePublicado: Vie Jun 10, 2016 6:24 pm
    —
Esta mañá tiven unha interesante conversa con Mitas, propietaria da Livraria Suévia, na rúa Vila de Negreira da Coruña (barrio da Agra de Orzán). Algúns libreiros bótanlle a culpa da perda de vendas ao libro dixital. Mentira. É falta de se adaptaren eles aos novos tempos, novos produtos e novas preferencias dos clientes, como ben se lé neste artículo de hai xa 4 anos.

Comentoume o caso dun rapaz que entrou preguntando polo libro de Pablo Vaamonde sobre a sanidade pública en Galicia. Noutras librarías (teoricamente máis importantes) da Coruña non o tiñan e dixéronlle que estaba esgotado. En realidade o que pasara é que xa venderan os 2-3 exemplares que a distribuidora (pouco eficiente, por certo) lles deixara en depósito, e tiñan preguiza de pedir máis.

Por certo que en Suévia podedes atopar ou pedir todo tipo de rarezas en galego, portugués ou mesmo noutros idiomas minorizados e volos buscan. E non levo comisión! Very Happy



Bookcrossing-Spain -> Foro de Idiomas


output generated using printer-friendly topic mod. Todas las horas son GMT + 2 Horas

Página 1 de 1