[gal] Meetup Lugo .Marzo
Selecciona mensajes desde
# hasta # FAQ
[/[Imprimir]\]

Bookcrossing-Spain -> Foro de Idiomas

#1: [gal] Meetup Lugo .Marzo Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Jue Mar 03, 2016 11:11 pm
    —
Se queredes compartir connosco un ratiño do vindeiro mércores 16 de Marzo, estaremos na cafetaría La casa azul (Rda. Muralla 79), aí sobre as 19:30, coa intención de falar, tomar algo e intercambiar libros.


É de balde e se queres vir curiosear, tamén podes Wink

#2:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Jue Mar 17, 2016 10:55 pm
    —
Foi un meetup moi agradable na compaña de Lourixe, Antonio, Chus e un rato con Ramón.
Intercambiamos libros, conversamos un pouquiño e falamos da vindeira celebración do día do libro no HULA.
Para o 22 de Abril programamos unha solta de libros no hospital á que estades todos convidados e por iso, se tedes (ou coñecedes quen os teña) libros dos que vos vades desfacer, para nós sería moi interesante poder darlles unha segunda vida.

Podes contactar ca coordinación do proxecto en : librosviajeroshula@gmail.com


Seica pronto teremos que buscar novo emprazamento para os meetups Confused

#3:  Autor: lourixeUbicación: Via XIX per loca maritima MensajePublicado: Vie Mar 18, 2016 3:31 am
    —
Pero que Ramón? Non era Vicente?

Paseino xenial, ía sendo tempo de que volvese ser unha beceira activa. Fora un dos meus propósitos de Aninovo e xa estamos en Marzo!

#4:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Vie Mar 18, 2016 12:57 pm
    —
lourixe escribió:
Pero que Ramón? Non era Vicente?


si? tiña eu ben o día para os nomes... Embarassed mimá!



Bookcrossing-Spain -> Foro de Idiomas


output generated using printer-friendly topic mod. Todas las horas son GMT + 2 Horas

Página 1 de 1