[gal] Lectura no hospital
Selecciona mensajes desde
# hasta # FAQ
[/[Imprimir]\]
Ir a página 1, 2, 3, 4  Siguiente  :| |:
Bookcrossing-Spain -> Foro de Idiomas

#1: [gal] Lectura no hospital Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Dom Ago 03, 2014 2:19 pm
    —
Se algún de vós segue o foro, xa coñecerá a idea, pero heina repetir aquí porque todos os frentes son poucos Wink

En breve, comezamos un proxecto no HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti, de Lugo) que consiste en dotar de libros á biblioteca do centro e facer unha biblioteca itinerante nas salas de estar, para proporcionar lectura a pacientes e acompañantes.

Dunha banda, levaremos libros á biblioteca para que ademáis de ter unha zona estupenda de lectura, teña tamén certo numero de lectura que ofrecer (actualmente non ten contido) e crearemos unha ZOBC alí. Ca inestimable axuda de Xesús (o bibliotecario) poñeremos en marcha ese punto.
E logo, dentro do programa de voluntariado (ao que podedes unirvos se vos apetece), faremos unha rotación ofrecendo lectura nas salas de estar dalgunhas áreas médicas. Dentro dun calendario que se manterá de outbro a maio.

Por iso, en primeiro lugar, se queredes participar, podedes poñervos en contacto conmigo e vos conto. E en segundo lugar, se tedes libros e queredes donalos para o proxecto libros viaxeiros, serán benvidos!

Non vos prometo que haxa moitas entradas nos journal (xa sabedes como vai a cousa), pero sí que cumpriran un labor moi importante porque, de qué serve unha biblioteca sen libros?

Estou aquí para o que queirades: preguntas, doazóns, dúbidas,...e tamén no enderezo electrónico: lugolibroslibres@hotmail.com


Ultima edición por petitejolie el Jue Nov 12, 2015 2:01 pm, editado 1 vez

#2:  Autor: sambaroqueraUbicación: A Coruña MensajePublicado: Sab Oct 25, 2014 10:50 am
    —
¡Que boa idea! Espero que teñades éxito!

#3:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Sab Oct 25, 2014 12:20 pm
    —
Graciñas sambaroquera...a biblioteca itinerante comeza o vindeiro martes...xa ireir contando...

#4:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Mar Oct 28, 2014 9:36 pm
    —
Seica para todos os que seguides á idea, hoxe comezamos andaina.
Non sabemos se moitas liberacións terán feedback, pero o que si sabemos xa, é que isto vai ser grande.
O HULA é o primeiro hospital de Galicia que está a ofrecer este servizo e faino con libros Bookcrossing...inovación ao máximo!

Ademais contamos cun blog aparexado ó proxecto, no que iremos contando as nosas experiencias. Podedes botarlle un ollo o cerne, aquí:
http://eoxilugocervomonforte.es/libros_viajeros

#5:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Jue Nov 05, 2015 11:08 pm
    —
sambaroquera escribió:
¡Que boa idea! Espero que teñades éxito!


Seica nesta edición, temos algún libro doado por ti. Mil grazas!

Veño lembrar neste recuncho, que voltamos ca Segunda Edición dos LIbros Viaxeiros ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
Unha biblioteca itinerante que achega a lectura aos pacientes e acompañantes que pasan un tempo no hospital.

Xa sabedes que temos un blog onde imos contando todo. Agardámosvos!

#6:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Mie Nov 11, 2015 2:25 pm
    —
Os martes ás 17 andamos polo HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti) de Lugo para levar lectura a pe de cama.
E nestas dúas semanas pasadas, tivemos unha visita moi especial: unha amiga de Barcelona quixo saber qué e cómo facíamos cos nosos "Libros viaxeiros"
Contámolo todo en breve, no blog.

www.eoxilugocervomonforte.es/libros_viajeros

Se tedes algunha pregunta, ou queredes formar parte do proxecto doando exemplares,por exemplo, podedes escribirnos a :

librosviajeroshula@gmail.com

#7:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Mie Nov 18, 2015 1:53 pm
    —
Algunhas cazas xa temos:

http://www.bookcrossing.com/journal/11744687

http://www.bookcrossing.com/journal/12923230

Very Happy
Grazas por colaborar connosco!

#8:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Lun Mar 14, 2016 11:19 pm
    —
Mañá voltamos noutra sesión de préstamo libresco. Mentres, tedes unha caza que fixeron, fai ven pouco:

http://www.bookcrossing.com/journal/4351897

#9:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Vie Abr 01, 2016 10:42 pm
    —
Para quen lle interese, no HULA celebraremos o día do libro o venres 22 de Abril. Mentres, estamos captando libros para esa liberación.
Aquí o contamos todo:


http://eoxilugocervomonforte.es/libros_viajeros/?p=212

#10:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Jue Abr 28, 2016 1:14 pm
    —
Xa sabedes que no blog imos contando cousas sobre o que facemos no hospital, pero hoxe, deixámosvos unha nova entrada dun deses préstamos que facemos tódolos martes nas diferentes áreas do HULA:

http://www.bookcrossing.com/journal/11734256



Bookcrossing-Spain -> Foro de Idiomas


output generated using printer-friendly topic mod. Todas las horas son GMT + 2 Horas

Ir a página 1, 2, 3, 4  Siguiente  :| |:
Página 1 de 4