Presentación e intencions
Selecciona mensajes desde
# hasta # FAQ
[/[Imprimir]\]

Bookcrossing-Spain -> Foro de Idiomas

#1: Presentación e intencions Autor: KandpalleiroUbicación: Ponferrada MensajePublicado: Jue Mar 15, 2007 8:00 am
    —
Hola; iniciome neste foro e tamén no bookcrossing ainda que levo xa tempo rexistrado na versión en inglés mais non conquiro que o espello en español me recoñeza...

Bueno, súmome ó foro coa intención de iniciar un grupo de BC de libros en galego no Bierzo para elo precisarei consello sobror de todo de como escoller e difundir un lugar de "solta" ainda que a entrada sobre o Babel de Lugo xa me deu unha pista.

Tamén me gustaría que me orientasedes sobre os libros que pensades que poden contribuir á difusión do galego no Bierzo.

gracias.

#2:  Autor: lourixeUbicación: Via XIX per loca maritima MensajePublicado: Jue Mar 15, 2007 5:01 pm
    —
Kandpalleiro, benvido! Axudáremosche no que poidamos! Ante todo, para as cousas mais técnicas suxiro que leas o foro de FAQs neste mesmo mirror español. Para escoller unha zona ofcial, pensa nun sitio one che gusta a ti para, ler, falar cos amigos... En xeral os locais con mais vantaxes son os que xa organizan outras actividades culturais ou contra-culturais, que atraen á mocedade con inquedanzas.

#3:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Vie Mar 16, 2007 11:41 pm
    —
Qué ben! canto movemento hai por aquí de repente...paréceme unha idea xenial a de facer un sitio de liberación en Ponferrada e se hai libros en galego dobre ledicia...

Voume pensar algúns títulos para che propoñer e igual tamén podo contribuir con algún exemplar para inaugurar a zona en canto sexa unha realidade, non? Very Happy

#4:  Autor: KandpalleiroUbicación: Ponferrada MensajePublicado: Lun Abr 16, 2007 7:48 pm
    —
Gracias a todos, seica alguen 'oiu' da movida porque a própia EOI de Ponferrada e o concello van facer unha "solta" de libros (incluindo galego); só desexar que se faga algo testemuñal o 17 de Maio.

Se isto non avanzase ou o numero de libros galegos fose insuficiente sempre nos poderemos sumar a elo.

#5:  Autor: lourixeUbicación: Via XIX per loca maritima MensajePublicado: Mie Abr 18, 2007 6:24 pm
    —
Xa o vin en chuza! Parabéns!

#6:  Autor: LibreiraUbicación: A Coruña MensajePublicado: Vie Abr 20, 2007 11:38 am
    —
Benvido, que alegría me dá entrar no foro e ver que hai movemento.

#7: Aló vai... Autor: KandpalleiroUbicación: Ponferrada MensajePublicado: Mie May 16, 2007 6:27 am
    —
Ben, como non custa ren e se fai nun intre veño de rexistra un libro para ceivalo mañan dia das letras galegas.

O final coido que dín casualmente co local axeitado en Ponferrada; aló por perto do mercado.

A verdade é que sinto grande ledicia de facer isto ainda que temo que o libro remate no lixo...

#8: Na rúa ou nun local? Autor: KandpalleiroUbicación: Ponferrada MensajePublicado: Lun Oct 15, 2007 7:43 am
    —
Moitas das dúbidas que teño no intre de liberar un libro veñen do medo que teño a que remate no lixo i é que xa sendo pouco popular a leitura en xeral tal e como está o tema eiquí no Bierzo non me estranaría ren que algúen que atopase un libro en galego o tirase ó lixo.

Bueno, o tema é: ¿donde pensades que é mellor facer unha liberación; na via publica ou nun local?

#9:  Autor: lourixeUbicación: Via XIX per loca maritima MensajePublicado: Lun Oct 15, 2007 10:36 pm
    —
O meu consello persoal:
se o teu obxetivo é que o teu libro sexa lido, aprezado, e eventualmente ter novas del, tés que procurar liberalo nun ambiente propicio: nun lugar de xente lectora, que saiba manexar internet, e non teña medo de afrontar unha web en inglés.
Creo que no teu caso particular, en que pretendes liberar libros en galego nunha zona castellana, ten mais posibilidades se o fas nun espazo de intercambio cultural como poida ser unha biblioteca pública, escola de idiomas, universidade, etc.
Con todo faite á idea que só dun 10% dos libros liberados volverás ter novas, porque nin sequera todos os BCeros rexistran os libros que len! Evil or Very Mad Evil or Very Mad Evil or Very Mad



Bookcrossing-Spain -> Foro de Idiomas


output generated using printer-friendly topic mod. Todas las horas son GMT + 2 Horas

Página 1 de 1